O PSdeG urxe un plan para reforzar a sanidade e os servizos sociais

Cedida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, incidiu este venres na necesidade dun “plan urxente” que implique “máis persoal, máis material e máis infraestruturas” nos eidos sanitario e social. “Fortalecer os servizos públicos é a nosa bandeira constante”, recordou, e pediu á Xunta destinar “todos os recursos” fronte ao Covid-19. Gonzalo Caballero afondou na situación das residencias de maiores, con varios centos de contaxios que desbordan as previsións da Xunta, e mostrouse partidario de “incrementar as prazas públicas e de frear a precarización do persoal” das residencias.