O PSdeG ve «incompatibilidade» en que Feijóo presida a Xunta e o PP | Debe dimitir «canto antes»

1 minutes read

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, urxe a Feijóo a “tomar unha decisión” ante a “incompatibilidade manifesta” entre a presidencia da Xunta e a presidencia do PP a nivel estatal e máis cando “existe unha situación de parálise innegable” no goberno galego.

“As conselleiras e conselleiros que integran o goberno da Xunta descoñecen se van continuar nas súas responsabilidade dentro de tres semanas ou un mes ou cando sexa que Feijóo decida tomar a decisión”, lamentou o dirixente socialista, polo que “canto antes saiamos desta situación de provisionalidade e parálise, mellor para todos”.

Neste marco, Álvarez destacou que Galicia “deixou de ser a prioridade de Feijóo”, xa que “neste momento, a prioridade é a estratexia política do PP”. Así, incidiu na incompatibilidade de ambos cargos, xa que deben defender, en moitos casos, “intereses contrapostos”.