O PSOE abre expediente e suspende de militancia aos catro alcaldes que se vacinaron contra a Covid-19

Vacina

O PSOE decidiu abrir expediente e suspender preventivamente de militanciaa os catro alcaldes que aceptaron a vacina contra a COVID-19. Así o anunciou este domingo nun comunicado a formación socialista, tras coñecerse as informacións sobre o seu acceso á vacinación sen pertencer aos grupos de risco declarados polos organismos oficiais pertinentes.

En concreto, o PSOE abriu expediente e suspendido preventivamente ao alcalde de Rafelbunyol (Valencia), Fran López; ao alcalde do Verger (Alacante), Ximo Coll; á alcaldesa de Els Poblets (Alacante), Carolina Vives; e á alcaldesa de Torrecampo (Córdoba), Francisca Alamillo.

O PSOE pediu aos seus militantes e, especialmente, aos seus cargos públicos e representantes nas institucións, «ser os primeiros en dar exemplo nestes tempos nos que a sociedade apela á unidade, a colaboración, a solidariedade e ao respecto das normas que persigan o ben común».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha