O PSOE afirma que o PP en Carballo vota unha cousa e en Santiago outra diferente, sobre Aspaber

1 minutes read

O grupo socialista carballés presentou unha moción municipal para solicitar a creación dun Centro de Educación Especial Comarcal no Pleno de Carballo do pasado luns 27 de marzo. Alí o PP abstívose. Dende o PSOE afirman que un día máis tarde, “o grupo popular, por mediación de Rubén Lorenzo, criticou nas redes sociais a nova publicada na web municipal porque ao seu parecer daba a entender que o seu grupo votara en contra e, novamente, reafirmaban a súa abstención”.


Os socialistas inciden en que “con todo, o pasado xoves 30 de marzo, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, no Parlamento galego, o portavoz popular votou en contra no punto 1.5 onde se presentaba a moción socialista.
Ese cambio no voto supuxo que a iniciativa fose rexeitada, e o que podería ter sido un éxito para as nenas e nenos con necesidades especiais converteuse nunha amarga decepción para as familias alí congregadas e que mantiveran a esperanza de que o proxecto chegase a bo porto”.

“Estas familias puideron presenciar en directo o xiro do portavoz popular que na súa localidade di unha cousa pero fóra dela cambia a súa mensaxe, e o que é peor, o seu voto.
Doutra banda, alegrámonos de que a Moción saíra adiante noutros concellos da Comarca, incluso nos gobernados polo Partido Popular, demostrando que aínda hai quen fai posible a defensa dos veciños por enriba dos intereses partidistas”, conclúen os socialistas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?