O PSOE autoriza as negociacións para unha moción de censura a Jácome


O PSOE da cidade de Ourense ten vía libre da dirección nacional do partido para abrir a negociación dunha moción de censura contra o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. Os socialistas pídenlle ao PP que concrete a súa proposta de goberno conxunto. Mentres os populares insisten en que a súa proposta de cogoberno está clara e que non poñen liñas vermellas a esa unión, aseguran, polo beneficio de Ourense.