O PSOE carballés agradece o apoio do BNG e TEGA para frear a saturación na UDIAF de Bergantiños

Cedida

  • Na sesión plenaria deste luns aprobouse unha moción socialista para que a Xunta destine máis fondos á atención temperá na comarca.

O PSOE de Carballo agradece tanto ao BNG como a TEGA o apoio á moción presentada polo grupo socialista no pleno deste luns en relación á Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños. Cun total de 17 votos a favor e as 3 abstencións do PP, na sesión plenaria chegouse á conclusión de que a solución á saturación da unidade de atención temperá pasa por ter máis financiamento por parte da Xunta de Galicia, non por crear un centro en cada concello da comarca que dispense os servizos necesarios.

«Lamentamos non ter sido capaces de espertar a sensibilidade do grupo popular para que a moción saíse adiante por unanimidade, pero aínda así congratulámonos do éxito da moción dada a urxencia e extrema necesidade de solventar estre grave problema», afirman os socialistas.