O Grupo Municipal dos Socialistas de Carballo de acordo e ao amparo do previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, desexa someter á consideración do Pleno carballés unha moción de apoio á dignificación dos e das profesionais da avogacía e da procuradoría en relación coa súa protección social.
A súa finalidade é instar ao Goberno de España a promover as modificacións normativas necesarias para establecer unha fiestra ou pasarela que permita a posibilidade puntual, individual e voluntaria, de que os e as profesionais da avogacía e da procuradoría que o desexen podan recuperar as súas achegas ás mutualidades privadas con destino ao RETA. Débese garantir a todos/as os/as profesionais, en función dos seus anos de exercicio e cotización ás mutualidades, o dereito a unha pensión de xubilación mínima e digna, nas mesmas condicións que ao resto de traballadores.