O PSOE carballés presentará varios rogos ao Pleno deste luns, o último da lexislatura. A súa voceira, María Carmen Vila, afirma que constantemente se repite a situación anómala de que os grupos da oposición decátanse das noticias do Concello polas redes sociais, pola prensa, ou por pura casualidade. Esto é impropio e irregular, afirma, xa que dificulta o labor da oposición e pon en dúbida o suposto labor transparente do goberno municipal. Por iso pide que se estableza un protocolo informativo, regulado e apropiado, para o concello. Nese protocolo debería entrar tamén o departamento de Seguridade e Tráfico, xa que a información que se transmite desde ese departamento non é uniforme, adoita ser máis ou menos detallado e en prontitude en función da cor do medio informativo ao que se dirixe. Algo que non se entende, unha vez que o Concello dispón dun departamento de prensa, o correcto sería canalizar a información que se desexe transmitir a través dese departamento para todos iguais e ao mesmo tempo.
Os socialistas tamén reclaman que se estableza unha estratexia de mantemento e coidado dos parques infantís para que estes sexan utilizables en optimas condicións sempre, e non un ano de cada catro. Que se redacte un protocolo de actos públicos para o Concello de Carballo para que a oposición se decate en tempo e forma para a súa asistencia. Que os usuarios con tarxeta de mobilidade reducida poidan aparcar sen límite de tempo na zona a zul. Que se cre e un apartado específico na web municipal onde o usuario puidese ver unha listaxe das iniciativas debatidas neste pleno con todos os seus detalles: grupo propoñente, data, votación e proceso de execución. Rogan tamén que as sesións plenarias se graven en vídeo e se poñan ao dispor dos cidadáns na plataforma que se considere conveniente, tal e como fan a maioría de municipios no noso país. Que se realice no paseo do Anllóns, unha vixilancia adecuada e proporcional que garanta o cumprimento da normativa de uso por animais domésticos, principalmente cans, en aras de coidar a convivencia veciñal. Que se revisen e rectifiquen as cobranzas realizadas a destempo a comerciantes do mercado municipal para axustarse ás cantidades correctas, emendando así calquera tipo de prexuízo na súa contra. Que se volva a permitir, se é posible, o pago en efectivo a gusto da persoa interesada, aos agricultores que acoden a vender os seus produtos á praza do Concello os días de feira.