O PSOE carballés pide a creación dunha mesa de traballo para o Proxecto Anllóns

1 minutes read
  • Na mesma aprobaríanse actuacións turísticas vinculadas a unha iniciativa para poñer en valor o río

O PSOE de Carballo rexistrou unha moción para debatir no próximo pleno de cara á creación dunha mesa de traballo para aprobar actuacións turísticas vinculadas ao Proxecto Anllóns, unha iniciativa para poñer en valor un dos ríos máis importantes da comarca de Bergantiños e, por extensión, da Costa da Morte. Nesta mesa estarían representados os responsables de todos os grupos políticos locais así como o tecido asociativo de Carballo.

Neste proxecto participan os concellos de Carballo, Coristanco, Cabana, A Laracha e Ponteceso cun claro obxectivo: crear un ente de cooperación intermunicipal que permita xestionar e impulsar o proxecto pensando ademais nos Fondos Next Generation.