31
O Partido Socialista de Carballo emitiu un comunicado informando que levará ao próximo pleno unha moción para pedir o apoio da corporación para trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de “dotar con urxencia de máis medios” á Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Carballo. A formación socialista cualifica de “falta de rigor” do Sergas no establecemento de especialidades e que deriva en que “uns centros conten cunhas e outros non”, o que xera incerteza nas familias, dado que senten en desigualdade. O PSOE clama pola necesidade de establecer criterios obxectivos e trasladar á Consellería de Política Social a necesidade de dotar con urxencia con máis medios á UDIAF de Carballo.