O PSOE carballés presentará varios rogos no seguinte Pleno

Foto.- RVP_Arquivo.

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Carballo, a través da súa portavoz María Carmen Vila Blanco, presentará dous rogos no Pleno a celebrar este mes de outubro en Carballo, instando ao Goberno municipal a solucionar as seguintes cuestións:

Por unha parte, afirman que, ao parecer, a nova bancada do campo de fútbol das Eiroas, recentemente terminada, ten problemas de accesibilidade, polo que unha persoa con discapacidade non podería acceder a ver un partido baixo cuberto.

Por outra banda, atendendo una demanda das familias que teñen fillos estudando no instituto Monteneme, solicitan que se busque unha solución para a rúa Violetas, a cal din que é estreita, de dobre carril e sen espazo habilitado para os peóns, acarreando un perigo na entrada e saída dás clases, cando coinciden buses ou coches con nenos que soben ou baixan andando, e que estos moitas veces teñen que apartar para a cuneta para deixalos pasar.