A portavoz socialista, María Carmen Vila, solicitou este mércores ao alcalde unha xunta de portavoces urxente para coñecer de primeira man o alcance do ciberataque sufrido no Concello de Carballo. “Non só é importante establecer qué foi o que fallou para que este acto delituoso tivese éxito, senón coñecer de forma exacta qué datos dos veciños foron subtraídos, pois de ser información sensible debemos previr á poboación para que extremen precaucións, xa que é frecuente que o botín obtido nestes ataques sexa aproveitado logo para a comisión de outros delitos tales como estafas, suplantacións de identidade, etc. Polo que sabemos actualmente, e sen confirmación oficial, todos os veciños de Carballo, sen excepción, quedamos expostos. De momento o alcalde respondeu cunha negativa dicindo que primeiro quere recuperar a normalidade. Esperamos que reconsidere a súa postura xa que nestes casos a rapidez é fundamental”, puntualizou a portavoz socialista.
0