O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, reuniuse este martes coa comisión negociadora do partido que inicia agora unha nova etapa da negociación e que intensificará os contactos cos grupos parlamentarios chamados a apoiar ao candidato para tratar de pechar un acordo para a súa investidura. Fontes do PSOE trasladaron que hai «vontade por parte de todos a negociar», que avanzan nunha negociación «seria» e confían nun final feliz para os socialistas: «É unha investidura posible». «As pezas encaixarán», confían desde o PSOE, que cren que a súa «metodoloxía é boa» e persegue o acordo. Tamén se referiu á investidura de Sánchez a voceira do Gobierno, Isabel Rodríguez, que avogou por que «sexa Pedro Sánchez quen culmine a obra de modernización de España».
42