O PSOE considera ‘chantaxe constitucional’ a proposta do PP para reformar o CXPX


Patxi López acusa os populares de querer poñerlle prezo ao seu deber de cumprir a Constitución e cualifica de trampa e chantaxe antidemocrática a proposta do PP para reformar o sistema de elección do Consello Xeral do Poder Xudicial.

«Agora din que se queremos que cumpran a Constitución temos que darlles o que queren, pois iso chámase chantaxe constitucional e é unha auténtica barbaridade democrática, que cumpran a Constitución e que despois propoñan o que lles dea a gana pero primeiro que cumpran. E iso de que os xuíces elixan os xuíces… por que? Isto tampouco o recolle a Constitución.»