- Os socialistas botan en falta máis fondos para fixar a poboación rural e para desenvolver a actividade económica dos portos
O parlamentario socialista Martín Seco cre que os orzamentos da Xunta de Galicia do 2021 para as comarcas da Costa da Morte son “unha nova oportunidade perdida para o goberno de Feijóo para tratar de impulsar as potencialidades dunhas comarcas abandonadas polo PP sistematicamente”.
Seco sinalou que “o abandono que senten os concellos cando teñen que asumir as competencias que deberan de ser propias da administracións autonómicas en servizos sociais, educación ou sanidade se ven multiplicadas pola falla de inversión dos orzamentos”.
Os socialistas botan en falta máis fondos para fixar a poboación no rural, avanzar en infraestruturas necesarias, desenvolver o turismo e fortalecer a actividade económica nos portos.
No tema sanitario, o parlamentario dixo que “a Xunta de Galicia esquece ao Hospital Virxe da Xunqueira» e que deixa abandonados os centros de día e educativos desde Ponteceso ata Carnota.