O PSOE coruñés define como un ‘mal reparto’ os orzamento da Xunta na provincia

1 minutes read

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña realizou a súa valoración dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2024. No acto participaron o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, o secretario de Organización na provincia, Diego Fernández López, e o membro da executiva provincial Aitor Bouza Manso.

Fernández Piñeiro sinalou que o documento “non pode ser máis desolador, posto que adolece das mesmas eivas e malas costumes dos orzamentos de anos anteriores, que demostraron ser inútiles para dar solucións aos problemas da cidadanía da provincia”.

“Hai unha clara vontade partidista de realizar a maioría dos investimentos en concellos gobernados polo PP, a pesares de que só ostenta a alcaldía en 34 dos 93 concellos da provincia, desprezando aos 59 restantes”, denuncia o secretario provincial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?