O PSOE da Laracha abordou oportunidades para o rural municipal co delegado do Goberno

1 minutes read

A voceira e candidata socialista, Palomi Rodríguez, tratou con José Miñones asuntos como os plans para achegar internet ao 100% das casas, os programas de axudas para mercar ou alugar unha vivenda no municipio ou o programa de carteiros no rural. Durante unha visita á zona de Caión, a socialista trasladoulle ao delegado demandas dos veciños e veciñas da zona e recibiu información das oportunidades que ten o municipio a través do Plan de Recuperación do Goberno.

“Compartimos co representante do Goberno asuntos como a fixación de poboación, un asunto esencial na zona rural; ou as posibles axudas estatais para a renovación da fachada marítima ou para a eficiencia enerxética dos centros educativos”, sinalou a voceira socialista.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?