O PSOE da Laracha abre dúas novas vías de comunicación coa veciñanza

1 minutes read

O Grupo Municipal Socialista da Laracha e a candidata á alcaldía, Palomi Rodríguez, abren dúas novas vías de comunicación co obxectivo de achegar a política municipal a todos os veciños e veciñas do concello.

Con esta finalidade, a súa oficina (situada na rúa Epifanio Campo n.º 12 baixo) manterase aberta todos os domingos de 12:00 a 13:30 horas, co gallo de poder recibir a todos os cidadáns sen necesidade de cita previa.

A candidata á alcaldía do PSdeG-PSOE, Palomi Rodríguez, mostra a súa total dispoñibilidade cara á veciñanza, coa que quere compartir “preocupacións e proxectos que afectan á vila”.

Ademais, Palomi Rodríguez abre unha liña de wasapp no seu número persoal (636 439 962) a través do que se poderán compartir informacións, queixas e suxestións, “e comprometémonos a aportar solucións e a contestarvos”.

“Queremos que saibades que podedes contar co Partido Socialista do Concello de Laracha”, subliña a candidata socialista á alcaldía.

https://www.facebook.com/100000573081324/videos/1393763317827189/