O PSOE da Laracha asisitirá este domingo á manifestación en defensa da sanidade pública

1 minutes read

A voceira e candidata socialista á alcaldía da Laracha, Palomi Rodríguez, mostra o apoio do grupo municipal que representa á mobilización cidadá convocada este domingo en defensa da sanidade pública en Santiago de Compostela.
“Os socialistas da Laracha asistiremos á manifestación, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela o 12 de febreiro”, sinala a candidata socialista. “Animamos tamén a que as veciñas e veciños da Laracha, organizacións, e colectivos se sumen a esta reivindicación”, engade Rodríguez.
“Estaremos alí para defender e reivindicar o dereito da cidadanía, e dos veciños e veciñas da Laracha en particular, a recibir unha atención sanitaria digna e de calidade”, subliña.
Rodríguez recorda que o grupo municipal socialista presentou en xaneiro unha moción ao Pleno para “instar ao goberno da Xunta a que reformule as súas políticas en materia sanitaria, especialmente no ámbito da atención primaria, para que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos, que convoque todas as prazas
posibles para formar novos profesionais e mellore as súas condicións laborais”.
“Somos conscientes das queixas da cidadanía da Laracha en relación á sanidade”, recalca a socialista sobre unha situación que se acentúa “nos centros de saúde e PAC, nos servizos de urxencias hospitalarias, que sofren as consecuencias dos recortes do Partido Popular”, conclúe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?