Para a portavoz socialista, Inés Ramos, este atraso ten consecuencias reais para a xente: «Sen orzamento novo non hai novas obras nas parroquias, nin melloras nos servizos, nin novas axudas», matizou.
Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar con ningún outro partido. «Se non teñen que pactar con ninguén, por que o orzamento non está listo? Onde están os orzamentos da Laracha para 2026?», preguntou a voceira socialista, que censurou «a pésima xestión do PP, que non é capaz de aprobar orzamentos en tempo e forma».
O Grupo Socialista esixiu ao Goberno local que presente canto antes as contas municipais e que explique publicamente por que non cumpriu cos prazos. «A maioría absoluta debería servir para facer as cousas máis rápido e mellor, non para chegar tarde», concluíu Ramos.