O PSOE da Laracha demanda unha mellor desinfección dos colectores de lixo para evitar contaxios por COVID-19

Concello da Laracha

  • Os socialistas tamén piden a reparación das escaleiras de acceso á praia das Salseiras

Os socialistas da Laracha demandan que se proceda de forma urxente á desinfección e limpeza dos colectores de lixo en todo o concello para evitar risco de contaxio por Covid-19 e, de ser preciso, instalar máis onde sexa necesario ou ben aumentar a frecuencia de recollidas de lixo.

A través dun rogo, a portavoz do PSOE, Paloma Rodríguez Castiñeira, sinala que “no Concello da Laracha non se está a facer a correcta desinfección e limpeza dos colectores de lixo» e dende o grupo socialista piden «que se remedie esta situación na maior brevidade posible, xa que isto pon en perigo a nosa poboación, xa non só por posibles contaxios por coronavirus, se non tamén pola posibilidade de infección de calquera outro virus ou bacteria”, explica.

Por outra parte, os socialistas piden que rematen as obras na estrada que vai dende O Iglesario ata O Pereiro, na parroquia de Lemaio. A infraestrutura foi obxecto dunha intervención no mes de marzo para mellorar o pavimento da estrada e tamén a rede de recollida de augas pluviais.

Ademais, tamén instan ao arranxo das escaleiras de acceso á praia das Salseiras (Caión), un dos maiores atractivos turísticos do municipio larachés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha