A voceira socialista local Inés Ramos López realizaba unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno local no último pleno municipal, no que se tratou entre outras esta cuestión. Neste tema, a voceira socialista afirma que “o Concello lle agocha información sobre o amianto ata o punto de que a Valedora do Pobo tivo que intervir”. “Na nota emitida dende o Concello despois do Pleno obviaron incluír esta información de real importancia”. Tamén pide a revisión, precaria di, da rede de alcantarillado en núcleos como Coiro e conclúe criticando o Plan Saudable aprobado polo goberno local, cualificándoo de ‘propaganda’.