- Palomi Rodríguez, candidata do PSOE na Laracha ás eleccións municipais do 28M, expúxolle á xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) e membro do Comité Nacional Galego, Beatriz Sestayo, a vontade de poñer en marcha esta iniciativa.
Apunta Palomi Rodríguez que ademais dos positivos impactos en termos económicos, nun contexto de suba de prezos no mercado eléctrico e crecente presión sobre as contas das empresas, a maioría delas, intensivas no consumo de enerxía, o desenrolo da Comunidade enerxética permitiría ao polígono e as súas empresas ser referentes en transición enerxética e sustentabilidade.
Unha das medidas que a candidata Palomi considera primordial, se acada a Alcaldía, será a creación da mesa local de emprego e empresas en conxunto co concello e con SEA, co fin de traballar permanentemente de forma coordinada pola implantación de máis empresas na Laracha e pola creación de emprego.
Todo isto unido coa constitución de talleres de formación de empresas con conferencias de expertas e expertos no viveiro de empresas e que dean formación ás persoas en captación de talentos, itinerarios para constituírse como persoas autónomas.
Algo que considera fundamental Palomi Rodríguez é a elaboración dunha sinaléctica do polígono industrial, para converter a zona nun espazo máis moderno, á vez que se lle facilita ás persoas visitantes do polígono atopar facilmente o lugar de ubicación de cada empresa.
Tamén trasladou a necesidade de promover o asociacionismo entre as persoas emprendedoras e empresarios da localidade, para establecer lazos de unión entre eles de cara os retos e os desafíos do futuro.
Palomi Rodríguez sinala: “Favoreceremos o nacemento, o arranque e a consolidación de novas empresas e a xeración de emprego na Laracha rebaixando os prezos do viveiro de empresas para fomentar o emprendemento.
Unha nova persoa empresaria accedería a un despacho durante doce meses a coste cero. Non queremos que alguén que teña unha idea e queira intentar a posta en marcha dun negocio lle free a inversión inicial como o aluguer dun baixo.”
Outros dous puntos que se trataron foron o da humanización de espazos e a convivencia industria-humanización co obxectivo de mellorar a contorna do parque e adecualo para peóns e ciclistas. Así como poñer algún nome de muller as rúas do polígono. “Estas cuestións serán temas clave a levar no programa do PSOE da Laracha”, conclúe.