O PSOE da Laracha insta á Xunta a axilizar os procesos de recoñecemento do grao de discapacidade 

O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción que insta á Xunta de Galicia a axilizar os procesos de recoñecemento do grao de discapacidade. 

Inés Ramos López, voceira socialista local, denuncia que estes «teñen uns tempos de demora inadmisibles, que converten a espera espera nun tempo de incertidume e inquedanza», 

«Veciños deste Concello teñen soportado tempos de espera que chegan prácticamente ata os 3 anos, desde a data na que formalizan a solicitude até a chegada de resolución definitiva», denuncia a socialista. 

«Este tempo causa graves prexuízos a persoas que en moitos casos teñen graos de discapacidade superiores ao 33, pois afecta a cuestións fiscais, de mobilidade ou de necesidade de axuda de terceiras persoas», explica. 

Ramos López critica que «a incompetencia administrativa manifiesta que amosa a Xunta está a provocar que cidadáns e cidadás con plenos dereitos recoñecidos estean case tres anos á espera de que estes sexan efectivos». 

Por todo isto, a moción presentada polo Grupo Socialista local insta á Xunta a incrementar os equipos de valoración e recoñecemento do grado de discapacidade, de xeito en que nun plazo máximo de 6 meses estean recoñecidos os grados de discapacidade. 

Tamén insta a reformular os procesos de valoración, así como os das xuntas de valoración, de forma en que axilicen o estudo e dictame das solicitudes. 

Related posts

Paiosaco SD, campión da 38 edición do torneo ‘Concello da Laracha’ de peñas de fútbol

AFAGA entrega os premios do seu XI Certame Literario de Relato Curto ‘Nun Recuncho da Memoria’ 2025

Un tremor de terra con epicentro en Zas levanta o alicatado do chan dunha casa en Rus, Carballo