O PSOE da Laracha levará ao pleno un estudo sobre o tráfico na estrada que une O Corgo e os Muíños de Coiro

Un tramo da DP-1913_Google Maps

  • Os socialistas buscan que a Deputación Provincial contrate unha empresa para mellorar ese treito e a súa conectividade

O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou este venres unha moción sobre o estudo dos aforos de tráfico na estrada provincial DP-1913, entre O Corgo e os Muíños de Coiro. No documento, os socialistas pedirán ao Concello que inste á Deputación Provincial a que contrate unha empresa para mellorar ese treito e a súa conectividade.

Segundo a voceira local do partido, María Palomi Rodríguez Castiñeira, con este estudo dispoñeríase do maior número de datos da rede viaria provincial para tomar decisións más acertadas sobre a súa conservación e mellora.

Como exemplo, os socialistas destacan a nova AC-553 entre A Coruña e Meirama (Central), que substitúe en parte a AC-400 e que conecta con moita eficiencia a cidade herculina co aeroporto, a A6 e con varios concellos limítrofes.