O PSOE da Laracha presentou a súa candidatura para ás eleccións municipais

2 minutes read

Nun acto celebrado na parroquia de Montemaior, socialistas, veciños e veciñas, cargos institucionais da comarca: o alcalde de Cerceda Juan Manuel Rodríguez, candidata do PSdeG-PSOE Arteixo, Patricia Boedo, candidato de Malpica Walter Pardo, candidato de Coristanco José Manuel Pérez, candidato de Cabana Juan Varela, coordinador comarcal Sergio García e coa presencia de José Manuel Lage Tuñas, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE arrouparon á candidata, María Palomi Rodríguez e ao resto da lista que presenta para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

“Unha candidatura que conxuga experiencia e mocidade, con mulleres e homes con gañas de traballar pola Laracha”, así definiu a candidata ao seu equipo de traballo co que concorrerá aos comicios municipais.


O acto comezou coa intervención da candidata, Palomi Rodríguez, eloxiando a capacidade de todas e todos os membros da lista e confiou en que o vindeiro 28 de maio A Laracha contará cunha alcaldesa socialista. Pola súa parte, o Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, que participou na presentación da candidatura, subliñou o momento actual no que “estamos volvendo a conectar con moita xente, e traballamos polo desenvolvemento e por mellorar a calidade de vida da xente.” Para o Secretario de Organización dos socialistas, “A Laracha presenta unha magnífica candidatura, mulleres e homes que están comprometidos coas políticas sociais, a iniciativa e o desenrolo económico, a transparencia e a participación.”


A candidata socialista, na súa intervención recordou os valores socialistas, “este equipo de persoas teñen un proxecto que ven a mellorar a calidade de vida da veciñanza, miramos ao futuro e traballaremos para facer da Laracha unha gran vila”. Asegurou que “non podería estar máis orgullosa deste grupo e agradecida por acompañarme.” “A experiencia destes catro anos fan posible que sexamos, a día de hoxe, unha alternativa real para chegar o día 28 de maio á Alcaldía do Concello da Laracha.”
A candidatura reúne a persoas que comezaron con ela catro anos atrás, cando encabezou por primeira vez o proxecto; a novas caras que aportan novas ideas e tamén a históricos militantes: “Aínda que vaian pechando a lista, para min é importante amosar ese respecto e contar con persoas das que tanto aprendemos e que sempre amosaron a súa lealdade cara a veciñanza da Laracha dende o partido.”
O acto concluíu coa presentación de todas e todos os candidatos que conforman a lista do PSdeG-PSOE a Laracha ás eleccións municipais, unha actuación de música tradicional dun grupo da vila, un ágape e un viño.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?