O PSOE da Laracha proporá ao Concello humanizar o parque empresarial

1 minutes read
  • Consideran que esta actuación podería financiarse cos Fondos de Recuperación Económica Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica

O PSOE da Laracha proporá ao Concello humanizar o parque empresarial do municipio despois de que Suelo Empresarial do Atlántico (SEA) anunciase que se contratará un estudo urbanístico e de custos para a súa ampliación. Un anuncio que chega despois dunha xuntanza no polígono entre os concelleiros socialistas Palomi Rodríguez Castiñeira, Alba Toba, Pepe Martínez e Pili Neira coa xerente de SEA, Beatriz Sestayo.

Desde a formación propoñen solicitar os Fondos de Recuperación Económica Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica, que promocionan liñas de actuación para fomentar a mobilidade e a humanización de espazos, co obxectivo de «mellorar a contorna do parque e adecualo para peóns e ciclistas». Ademais, a portavoz Palomi Rodríguez reivindicou a necesidade de actuar xa para «aproveitar a dinámica da boa marcha do polígono co impulso do SEA».