37
- Os socialistas sinalan que, nalgúns casos, son os veciños os que teñen que limpar o lugar cos seus propios medios
O Grupo Municipal Socialista de A Laracha reclama que desde o executivo se mellore a rede viaria e a limpeza de cunetas e sumidoiros que, nos días de choiva, causa problemas á veciñanza.
Concretamente, os socialistas piden que «desde a alcaldía se tomen as medidas oportunas para a limpeza e adecuación da cuneta no lugar de Padronelo» para que «cando cheguen as choivas non enchan a estrada de auga e vaian para as casas», sinala a voceira do PSOE da Laracha, María Palomi Rodríguez Castiñeira.
Os socialistas sinalan que, nalgúns casos, son os veciños os que teñen que limpar o lugar cos seus propios medios