Os socialistas da Laracha preguntarán ao Goberno local no vindeiro Pleno polos trámites para ampliar a oferta de solo ás empresas no polígono.
Segundo a voceira socialista, Palomi Rodríguez, “o Goberno da Laracha e o Suelo Empresarial do Atlántico (SEA) acordaron mellorar a oferta de solo ás empresas. Para iso, decidiron cualificar o chan terciario como mixto, coa intención de ampliar os tipos de empresas que se poderían instalar neste polígono”, explica.
Este acordo entre o Concello da Laracha e SEA realizouse hai varios meses, “pero de momento non se ampliou o solo no que se poden instalar as empresas”. Por iso, os socialistas esixen ao Goberno local “coñecer o estado actual da tramitación, así como as xestións realizadas ao respecto por parte do Concello e da Xunta de Galicia».
Rodríguez prosegue afirmando que “os polígonos industriais e, en concreto, o polígono da Laracha é un espazo clave para o desenvolvemento socioeconómico do municipio, a creación de emprego e o asentamento da poboación, podendo ser un freo á emigración xuvenil”.
Neste sentido, os socialistas recordan “traballar polas melloras e a ampliación deste polígono supón tamén traballar pola Laracha, un asunto no que o Partido Socialista sempre estará tendendo a man”, conclúe.
26