29
A Portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Carballo, María Carmen Vila Blanco, presentará un «Rogo» no vindeiro Pleno, coa intención de que o Goberno planifique, como alternativa en caso de que non sexa posible dispoñer do remanente, e cree un fondo de continxencia para loitar contra o prexuízo económico que a pandemia do coronavirus está a ter sobre as PEMES e os pequenos comercios. Os socialistas rogan que se reordenen as partidas de gasto coa finalidade de aumentar os recursos contra o Covid-19, «isto pódese conseguir reducindo os gastos superfluos e redirixindo os fondos que non se van a utilizar para as actividades canceladas», afirma María Carmen Vila.