O PSOE de Carballo presentará dúas mocións ao pleno de setembro

PSOE Carballo

Primeira:

1.-Solicitar ao Comité autonómico de UNICEF Comité Español a condición de Municipio Aliado para o concello de Carballo.

2.-Establecer un protocolo de comunicación e colaboración co Comité Español de UNICEF, de modo que en diante traballemos xuntos para lograr que o Goberno Local estea en condicións de obter para Carballo o Selo de Recoñecemento Ciudad Amiga da Infancia.

Segunda:

1.-Que por parte do Gabinete de Alcaldía do Concello de Carballo, se informe dunha forma permanente e periódica da axenda de actos oficiais que se celebren, para que poidan asistir os representantes de todos os grupos políticos municipais.

2.-Que polos servizos técnicos municipais correspondentes, redáctese un regulamento de Organización e Protocolo de Actos Públicos para o Concello de Carballo, onde se garanta para cada membro da corporación o seu lugar que lle corresponde por dereito. Simplemente coa aplicación lóxica na súa orde: Sr. Alcalde-Presidente, Tenentes de Alcaldes, concelleiros de goberno, voceiros de grupos políticos e concelleiros da oposición ordenados de maior a menor. E que iso sexa de obrigado cumprimento para todos os membros da corporación en todos os actos públicos onde teña que estar representado o Concello de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha