O PSOE de Carballo reclama a elevación do paso de peóns na rotonda da Avenida de Malpica

1 minutes read
  • TeGa tamén levará ao próximo pleno o arranxo das rúas Marcial Adalid e Juan Montes

A voceira do PSOE de Carballo, María Carmen Vila Blanco, presentou no rexistro municipal varios rogos de cara ao vindeiro pleno. Nun dos mesmos pídese que, aproveitando as obras que se están acometendo na Avenida de Malpica, se eleve o paso de peóns que se atopa inmediatamente despois da rotonda que sinala o comezo da dita vía e o final da rúa Fábrica. Unha actuación demandada por varios veciños da zona que ven o cruzamento perigoso debido á gran afluencia de vehículos. Os socialistas tamén reclaman que se acondicione o vial que une o lugar de Os Pinos con Bértoa.

Pola súa banda, o grupo municipal Terra Galega tamén presentou este luns un rogo para que se arranxen as rúas Marcial Adalid e Juan Montes xa que “presentan un estado lamentable”, sinala o voceiro da formación, Andrés Eirís Barca.