O PSOE de Carballo reuniuse coas familias afectadas polo peche do centro educativo de Aspaber

1 minutes read

Este mércores o grupo municipal socialista de Carballo reuniuse coas familias afectadas polo peche do centro educativo de Aspaber para coñecer de primeira man as súas necesidades e peticións.

Ao acto asistiron, ademais dos concelleiros locais e a portavoz María Carmen Vila, a deputada Begoña Rodríguez Rumbo e o deputado Martín Seco García, que tamén ofreceron o seu apoio a nivel parlamentario.

O grupo comprometeuse a facer todo o que estea na súa man para que a Xunta cumpra coa súa obriga de atender ás necesidades educativas dos alumnos con necesidades diferentes.

Tamén manifestaron a súa vontade de traballar para conseguir unha solución firme e definitiva, evitando parches que non dan unha solución real a longo prazo.