O PSOE de Castro Caldelas acada a maioría absoluta na repetición electoral

2 minutes read

O PSOE liderado pola alcaldesa Sara Inés Vega, consolidou unha maioría absoluta no concello de Castro Caldelas, tras a repetición electoral do 28 de maio.

Rematada a xornada electoral, o PSOE acadou 453 votos, sendo 407 os obtidos polo PP, seguidos do BNG, con 25. A maiores, tamén se rexistraron dezaseis votos nulos e tres en branco, ao longo dunha xornada que culminou sen incidencias e que transcorreu con normalidade.

Tras estes resultados, os socialistas consolídanse á fronte do goberno, onde o PSOE se impuxo con 5 edís, ao conseguir 398 votos, que supoñen o 48,8% dos totais. Pola súa banda, o PP quedou con 4 edís e 371 votos, sendo o 45,5%. O BNG rozou o 5% con 39 votos, pero non acadou representación.     

A repetición das eleccións en Castro Caldelas debeuse á perda da custodia de 118 votos, o que sementou a dúbida sobre o resultado que deu a maioría absoluta á alcaldesa socialista, Sara Inés Vega, por unha diferenza de máis de 50 votos. Naquel momento, os acontecementos foron tachados de “roubo e secuestro” da democracia.

Desta volta, para a nova xornada de eleccións non houbo campaña electoral nin tampouco posibilidade de que votasen os mozos que dende o 28 de maio adquiriron a maioría de idade. A participación chegou ao 33% ao mediodía e ao 64% ás seis da tarde, alcanzando finalmente, ao 78%.

O PSOE impúxose nas tres mesas electorais. O resultado máis avultado para esta formación produciuse na mesa do concello, mentres que o PP quedou a seis votos dos socialistas na mesa situada no centro de saúde.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?