O PSOE de Cee contempla a posibilidade de realizar desde xa, a segunda fase das obras da traída de auga de Pereiriña e a súa ampliación ata Lires, nas que inclúen tamén o abastecemento aos núcleos de Pereira, San José de Pereira, Cantorna, Porcar e Lagoa.
Afirman os socialistas que tamén é posible realizar a segunda fase da traída a Serna coa continuación ata Cabaleiriza, Tedín e Ruibo, as obras de saneamento en Brens e as da rede de sumidoiros en Ameixenda, ademais da reparación da depuradora.
O PSOE ceense apoia estas actuacións en base á aprobación por parte do Consello de Ministros dun Real Decreto para a utilización do superávit en actuacións financeiramente sustentables.
Os socialistas consideran que do máis dun millón de euros de superávit do Concello de Cee, uns 700.000 euros poderían destinarse a estas actuacións.