O PSOE de Corcubión denuncia que a vila sofre un abandono das súas zonas verdes

«A vila de Corcubión sofre un abandono das súas zonas verdes máis aló da Praza de Castelao e o seu entorno», afirman os socialistas. «A falta de dúas semanas para a festividade de San Pedro de Redonda, a parroquia encóntrase sen limpar as rúas e camiños, a pesar de que o concello conta con persoal extra dende fai case 2 meses e unha empresa que se encarga do mantemento dos xardíns. Este abandono exténdese ata lugares como San Antonio, Amarelle, Rosalía de Castro, Quenxe ou Agra da ribeira».
«A falta de previsión e organización fai que os traballadores municipáis se encontren a facer tarefas non urxentes como a colocación de sináis e pintado de líneas antes de facer a ordenanza, traballos de reparación de pérgolas, etc. Logo virán as presas e veremos, como xa ocorreu o ano pasado, aos traballadores tendo que facer máis horas para chegar a tempo».
A campaña electoral do BNG criticaba que o mantemento só se facía nos meses de verán e prometían que iso ía cambiar. Dous anos despois parece que cambiaron de opinión. Corcubión merece máis, dicían», conclúen os socialistas na súa denuncia.

Related posts

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza