36
O PSdeG-PSOE de Corcubión solicita ao Concello que dea explicacións polo mal estado da auga da traída municipal. Os socialistas afirman lamentar que dende o equipo de goberno do BNG e a empresa concesionaria non se dean as explicacións necesarias pola auga de cor marrón que chega aos fogares desde hai varios días, e se nestas condicións conta coas garantías sanitarias suficientes para ser consumida.