O PSOE de Coristanco denuncia que se está vetando o debate das súas mocións presentadas no Pleno

  • José Manuel Pérez Abelenda denuncia que “con esta decisión, o Goberno local pecha a porta ao diálogo democrático e bloquea propostas clave en beneficio da ciudadanía de Coristanco”.

Así o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que criticou que “con esta decisión, o Goberno local pecha a porta ao diálogo democrático e bloquea propostas clave en beneficio da ciudadanía de Coristanco”.

“O alcalde optou pola censura e o veto antes que polo debate, impedindo que se falase de porpostas que afectan directamente á seguridade, á mellora da educación e ao benestar dos nosos veciños e veciñas”, subliñou o socialista.

“É un xesto de autoritarismo político, a que xa nos ten acostumado, e a unha falta de respecto cara a veciñanza”, declarou o portavoz Socialista, que destacou que as tres iniciativas vetadas “respondían a demandas reais e tiñan un único obxetivo, o de mellorar os servizos públicos e garantir un futuro máis xusto e seguro para o municipio”.

As propostas rexeitadas

Por unha banda, o PSOE local propuxo a cesión dun terreo para a construción dunha base para bombeiros forestais, unha infraestrutura “estratéxica para reforzar a seguridade, a prevención de incendios e a protección do medio natural” en palabras de Pérez Abelenda.

O portavoz socialista critica a actitude por parte do alcalde, que fai “oposición á propia oposición, argumentando que o goberno municipal xa actuou, pero de palabra”. “Coristanco perde a oportunidade de que a corporación deixe por rexistro a cesión dun terreo para unha infraestructura tan importante para o Concello”, engade

“O alcalde fala de contactos coa Xunta de Galicia pero só verbais, polo cal non pode evidenciar que o actual goberno fixese nada de nada para que o noso Concello siga a contar coa unidade forestal no noso territorio”, afirma o voceiro socialista.

Por outra banda, o Grupo Socialista solicitou tamén o incremento de personal de apoio e profesorado especializado nos centros educativos, coa fin de “avanzar nunha educación inclusiva real e garantir a igualdade oportunidades para todo o alumnado”.

“É incrible como o alcalde bota balóns fora, únicamente fai referencia a un centro educativo, cando Coristanco conta con tres colexios e en todos eles teñen necesidades de profesorado de apoio, falla de desdoblamento de aulas e coidadores”, lamenta Pérez Abelenda.

Tamén reclamaron a mellora do servicio no SAF, para buscar solucións conxuntas ante as deficiencias que os usuarios están a denunciar. “Non hai control nin supervisión para garantir un servizo axeitado, pero o alcalde segue descargando a responsabilidade nos propios usuarios, afirmando en sesión plenaria que deben reclamar en órganos superiores”, indica.

“Cos seus vetos, o alcalde demostra que non está disposto a escoitar nin a traballar polos problemas reais de Coristanco, pois prefire bloquear que construir, impoñer que dialogar”, insiste o portavoz socialista. “Dende o PSOE non imos quedar calados: seguiremos defendendo estas propostas onde sexa necesario”, apunta.

Pérez Abelenda esixe ao alcalde “que respecte o dereito da corporación a debatir e que devolva a democracia ao pleno de Coristanco, permitindo que as mocións presentadas poidan ser discutidas e votadas con transparencia e responsabilidade”.

“A formación Socialista de Coristanco reitera o seu compromiso con la seguridade, a educación inclusiva e a atención social de calidade, fronte á censura e o bloqueo do goberno local”, concluíu.

Related posts

Caión estrea dous novos murais artísticos no paseo marítimo e no Rueiro das Figueiras

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis impulsa o Xadrez Educativo no CEIP Plurilingüe A Gándara – Sofán

Arde un barco de Muxía a unha milla do Cabo Vilán | Outro escorou e quedou sen goberno ao noroeste de Cabo Prior