Despois de case dous anos de mandato, os socialistas de Coristanco «lamentan» a mala xestión que está realizando o goberno local, baixo o Partido Popular, xa que é «imposible non fixarse en como están as pistas» sendo algunhas delas «intransitables» debido a unha situación de «abandono» por parte da Administración local.
O PSOE de Coristanco non entende como «habendo recursos económicos para estes menesteres se están a retrasar as intervencións» xa que ano tras ano «levamos unha partida económica nos orzamentos con cantidades para estradas e camiños, similares a que podería ser un POS da Deputación, e non se ve mellora algunha neste tipo de infraestructuras».
Os socialistas esixen ao goberno local que «traballe día a día para a veciñanza e non cada catro anos», e reiteran a necesidade de que se entreguen as axudas aprobadas correspondentes ao PEL-Reactiva 2020 xa que hai autónomos e PEMES que non recibiron nada.