O PSOE de Coristanco «lamenta e denuncia» que non se lle entregue a documentación relacionada co pozo do CEIP Canosa-Rus

1 minutes read
  • Os socialistas afirman que «se está vulnerando o dereito á información e á transparencia que deben rexer a xestión pública». 

O grupo socialista solicitou por rexistro a primeiros do mes de novembro todas as actas de recollida das mostras de auga do pozo en cuestión, todos os resultados das analíticas realizadas das augas do citado pozo e copia das autorizacións de todos os organismos competentes implicados para facer un pozo no CEIP Canosa-Rus. 

A negativa a entregar esta documentación por parte do Concello «é inaceptable e contraria aos principios democráticos», lamenta o voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda. 

«A cidadanía ten dereito a saber se a auga que foi conectada dende un pozo feito polo Concello no patio do centro educativo cumpre cos estándares sanitarios e se se seguiron os procedementos legais para a construción de dito pozo», engade. 

Dende o PSdeG coristanqués consideran que «esta falta de transparencia non só obstaculiza a labor de control político, senón que tamén xera incerteza sobre a seguridade e legalidade das instalacións do centro educativo». 

Por iso, anuncian que, no pleno de hoxe volverán reclamar que se entregue a documentación requerida e realizaran diferentes preguntas sobre o cumplimento da Lei para levar a cabo a construcción do pozo, a conexión na rede do centro escolar e sobre dos resultados das analíticas realizadas. 

«Non pedimos nada extraordinario, só o cumprimento da lei e o respecto aos dereitos democráticos», conclúe José Manuel Pérez Abelenda.