O PSOE de Coristanco pedirá en pleno que o Concello se una á causa de axudar á Palma

José Manuel Pérez Abelenda_Cedida

O Grupo Municipal de PSdeG-PSOE de Coristanco, a través do seu portavoz, José Manuel Pérez Abelenda, presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para que se tomen os seguintes acordos:

1.- Que o Goberno de Coristanco poña os medios materiais e persoais para levar a cabo unha recollida de donacións de todos aqueles veciños e veciñas do Concello que así o desexen.
2.- Facer a publicidade e comunicacións necesarias para que a veciñanza de Coristanco teña coñecemento da recollida de donacións materiais para enviarlle aos habitantes da Palma, facendo fincapé no tipo de donacións (indicadas na exposición de motivos) que se necesitan na actualidade na citada illa.
3.- Poñerse en contacto con Asociacións, ONG ou empresa postal/axencia de transporte para que faga o traslado do material donado, as cales na actualidade están a realizar o servicio de transporte de donacións ata a Palma de forma desinteresada.