O PSOE de Coristanco presenta varias emendas á nova ordenanza do SAF proposta polo Goberno municipal

José Manuel Pérez Abelenda_PSOE Coristanco.

O portavoz socialista local José Manuel Pérez Abelenda fixo varias achegas á mesma na Comisión Informativa de Facenda. 

«Resulta curioso que, ante as achegas do PSOE na Comisión, o alcalde, en vez de recoller as achegas feitas, decidira deixar a súa propia proposta encima da mesa», sinala o voceiro socialista. 

Pérez Abelenda explica que as propostas socialistas «buscan mellorar a atención aos usuarios e usuarias, garantir a calidade do servicio e reforzar tamén as garantías para as persoas que prestan o servicio». «O actual texto da ordenanza, tal como foi presentado polo Goberno municipal, está a rozar a ilegalidade», advirte. 

Segundo manifesta o portavoz socialista, as emendas do Grupo Municipal Socialista abordan «aspectos clave como a extinción do servizo ou as tarefas do persoal, así como a posible responsabilidade que puideran ter tal e como está redactada a actual ordenanza». 

Entre as principais emendas estarían a eliminación como tarea básica da «Administración de medicamentos» ou a eliminación como causa de extinción do servizo «a reorganización do servizo debido a falta de orzamento do exercicio».  

Tamén se inclúe a condición de que, no caso de que se realicen acompañamentos fóra do domicilio, será tarefa do ou da auxiliar de axuda no fogar «o acompañamento únicamente a dita persoa, e o persoal auxiliar non poderá trasladar no seu vehículo propio ás persoas usuarias». 

«Dende o Partido Socialista esperamos que as achegas sexan escoitadas e que, tras o debate en próxima sesión plenaria, as emendas sexan aprobadas e se modifique e actualice a ordenanza para que se siga prestando un servizo axeitado, para mellorar a atención á veciñanza e protexer ás traballadoras», conclúe Pérez Abelenda. 

Related posts

A brigada municipal de obras de Carballo xa está ao completo e estrea vestiario coa nova marca identificativa

Un tremor de terra con epicentro en Zas levanta o alicatado do chan dunha casa en Rus, Carballo

O PSOE da Laracha insta á Xunta a axilizar os procesos de recoñecemento do grao de discapacidade