Así o sinalou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que esixiu ao Goberno municipal que cumpra co seu compromiso de destruír o depósito, «tal e como lle prometeu o alcalde Juan García Pose á veciñanza». Afirma que se trata dunha acción «fundamental para garantir a seguridade e o benestar das persoas do lugar».
O depósito, que quedou obsoleto tras a posta en marcha do abastecemento municipal na zona e ademáis foi obxeto de numerosas queixas por parte da veciñanza que foron trasladadas ao Grupo Socialista, representa para estes un risco tanto para a saúde pública como para o medio ambiente.
«Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que a falta de acción por parte do Goberno, e especialmente do alcalde, non só é unha falta de respeto cara a veciñanza, senón que tamén pon en perigo a súa calidade de vida», lamenta Pérez Abelenda.
«É inaceptable que o alcalde prometera a eliminación deste depósito e, ata a data, non tomara as accións oportunas para levar a cabo o acordado», critica o voceiro socialista. «A veciñanza merece un entorno seguro e saudable, e o Goberno ten a responsabilidade de actuar en consecuencia», engade.
O socialista lembra que a eliminación do antiguo depósito da auga «non só é unha cuestión de cumplimento de promesas, senón tamén unha necesidade urxente para evitar problemas de saúde e contaminación». «Ademais, melloraríase amplamente a mobilidade na zona do Outeiro», apunta.
«Non podemos permitir que a inacción do Goberno local poña en risco aos nosos veciños e veciñas, polo que esiximos que se tomen medidas inmediatas e que se informe a veciñanza do estado da situación», subliña.
«A seguridade da nosa veciñanza non pode esperar, e por iso presentaremos un rogo para o vindeiro pleno neste sentido», anunciou Pérez Abelenda. «Dende o PSOE facemos unha chamada a que oolcalde cumpra coa súa palabra e actúe en beneficio da xente do Outeiro», finaliza.