O PSOE de Laxe tilda de ‘marxinación á vila’ na consignación dos orzamentos da Xunta

1 minutes read

O PSdeG PSOE de Laxe a través do seu voceiro critica a marxinación do concello de Laxe na consignación dos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2024.
Francisco J. Vidal lamenta que o grupo de goberno municipal, do Partido Popular, «non sexa capaz de conseguir recursos para o concello tan necesarios como son entre outros o saneamento, pendente en varias parroquias, ou a limpeza dos ríos e camiños forestais, así como o desaugadoiro da lagoa de Traba».
A ausencia de investimentos en infraestruturas, porto, e medio ambiente, prexudican gravemente ao desenvolvemento do concello nas súas principais actividades económicas, pesca e turismo, afirma Vidal. O PSdeG presentará no parlamento varias emendas a estes orzamentos nas que se recollerán as solicitudes do grupo socialista municipal de Laxe.