O PSOE de Malpica carga contra a Xunta por non cederlle a palabra ao alcalde no acto das Redeiras

Walter Pardo e Rosa Quintana, este sábado en Malpica.

  • Esta ausencia de “decoro” tivo lugar este sábado durante a celebración da presentación do conto “Xela, a redeira” na lonxa do Porto malpicán coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Aínda que, segundo a nota remitida polos socialistas malpicás, no programa oficial do acto constaba a intervención do rexedor, esta non se levou a cabo. Tiveron a palabra a autora do conto, a presidenta da Federación Galega de Redeiras O Peirao e a propia Rosa Quintana, non cedendo a quenda de palabra a Walter Pardo como representante do pobo de Malpica.

“É unha total falta de respecto institucional, unha ausencia de decoro e un xesto que nos parece inasumible para unha institución autonómica”, sentenciaba o rexedor, quen lembra “que aínda falta para que me substitúan no cargo e todavía nos quedan moitas horas de traballo á fronte desta institución que tanto orgullo me dá representar”.

Por parte do grupo socialista de Malpica de Bergantiños afirman «condenamos o sucedido e instamos á Xunta de Galicia a emitir un comunicado disculpándose polo feo xesto acontecido na mañá deste sábado».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha