O PSOE de Malpica manterá reunións coa veciñanza das parroquias para «levar as súas demandas ao pleno»

Sinalouno así o voceiro socialista local, Walter Pardo, que denunciou que «os servicios do Concello sofren un abandono case total, e iso repercute nas vidas dos veciños e veciñas». As xuntanzas terán lugar a partir do mes de xaneiro de 2026.

«Queremos que a veciñanza, tanto do núcleo urbano como das parroquias, nos traslade as súas necesidades, demandas e inquedanzas, xa que o alcalde non se está encargando delas», afirma o voceiro socialista.

Os encontros terán lugar nos diferentes locais sociais das diferentes parroquias. A hora e a ubicación de cada unha serán anunciadas próximamente pola Agrupación Socialista Local.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila