O PSOE de Malpica ratifica en asemblea a súa negativa a pactar con Alfredo Cañizo

1 minutes read

A agrupación socialista de Malpica realizou unha asemblea local na que se trataron os posibles pactos de cara á formación do goberno local. Segundo informan nun comunicado a votación dos/as militantes foi unánime, quedando claro que o PSdeG de Malpica non se vai a sentar a negociar co señor Alfredo Cañizo, mantendo así a súa palabra anunciada xa durante a campaña ás eleccións municipais do pasado 28 de maio. O candidato socialista, Walter Pardo, anunciou que este tema está tratado con total transparencia, debido en parte, dixo, ás difamacións doutras forzas políticas, e que por parte do seu grupo queda zanjado.