O PSOE de María Carmen Vila preséntase con ‘moitas ideas e ganas de traballar’ por Carballo

2 minutes read

O PSdeG-PSOE de Carballo celebrou este venres no auditorio do Pazo da Cultura o seu mitin central de campaña de cara ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.

Abriu a quenda de intervencións o concelleiro Valentín Costa Trillo, quen agradeceu o traballo da xente socialista quenes ademais durante estos últimos anos estiveron a facer unha oposición constructiva e unha xestión eficaz. Valentín enumerou unha gran cantidade de mocións presentadas, das que moitas delas se levaron a cabo baixo selo socialista, (Praza do Hospital, duplicidade da atención temperá), e outras que seguen á espera de que o Goberno local desperte do letargo,(aumento da plantilla da Policía Nacional, rincón do xadrez, ou baños públicos na vila).

Acto seguido inteveu o secretario de Organización provincial do partido, José Manuel Lage Tuñas, que tamén tivo palabras de recoñecemento para José Antonio Viña, ao que definiu como unha persoa comprometida e honesta. Lembrouse das mulleres socialistas, e tamén se lembrou dun xeito especial doutro socialista de pro, o recentemente falecido Pedro Luis Fernández Pombo. Afirmou que Carballo non quere máis PP, quere progresistas no Goberno local, e esa progresista é María Carmen Vila.

Pola súa banda, Montse García Chavarría, deputada no Congreso, recoñeceu o traballo feito nos últimos anos por María Carmen Vila, a que definiu como unha persoa moi comprometida e loitadora. Así o puxo de manifesto en proxectos como ‘Ciclando Carballo’, ao que o Goberno do Estado lle adicará preto de dous millóns de euros. Enumerou varias medidas levadas a cabo polos socialistas a nivel nacional; Subida das pensións de por vida nun 8,5%, o salario mínimo vital ou a reforma laboral. Acto seguido deulle paso á candidata, María Carmen Vila, a que presentou coma “unha persoa preocupada polos seus veciños”.

Vila, agradeceu todos os alagos e a presenza de compañeiros/as e veciñanza en xeral. Afirmou que o seu grupo vén con moitas ideas e ganas de traballar, e que con responsabilidade na futura corporación de Carballo pensará na xente para gobernar, tratando sempre de seguir sendo útiles para os veciños e veciñas de Carballo. Mostrou como prioridades a reorganización do tráfico, nomeadamente o caos semafórico, así como a remodelación da Praza do Concello. Tamén se comprometeu a mirar polas parroquias, impulsando iniciativas ligadas á agricultura ecolóxica de calidade e os produtos de proximidade, incorporando aos mesmos a marca ‘Carballo Verde”. “Queremos un Carballo da xente, felices e accesibles e cunha atención especial á dependencia”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?