O PSOE de Mazaricos fiscalizará a contratación de servizos por parte do Alcalde


O voceiro do PSdeG-PSOE de Mazaricos, Javier González Trillo, constatou que xa comezaron hai uns días os desbroces das cunetas, labor que continúa a facer a mesma adxudicataria que xa tiña a concesión deste servizo. Sen embargo, o socialista decatouse tamén que as máquinas de esta empresa, xunto cos operarios, comezaron os traballos antes da sinatura do correspondente contrato.

Considera González Trillo que o rexedor de Mazaricos debera ter máis en conta este tipo de actuacións por parte das empresas contratadas polo Concello, e debera esixir máis celo aos técnicos encargados de esta función, si non pode facelo el mesmo. O concelleiro do PSdeG advirte que “ao existir un prazo de execución, si comeza antes da sinatura, conta cunha vantaxe de días respecto dos comprometidos por contrato e que eran os que figuraban no prego de condicións, por tanto, a adxudicataria está a xogar con vantaxe respecto das outras empresas concorrentes á licitación”.

Conclúe González Trillo que “se o alcalde non considera que lle toman o pelo ao mellor é porque xa o sabe e non lle importa este adianto, entón xa lle pediremos que o explique”, en alusión ao que será a liña de traballo de oposición do concelleiro recentemente chegado ao Pleno de Mazaricos.