O PSOE de Mazaricos solicítalle ao Goberno local o remate das obras do POS 2019


O concelleiro do PSdeG–PSOE no Grupo Mixto da corporación de Mazaricos, Francisco Javier González Trillo, vén de solicitarlle ao Goberno local, que de unha vez por todas rematen as obras de saneamento do lugar de Suevos.
“Este desgoberno, que comezou cun primeiro proxecto para ser financiado pola Xunta de Galicia a través do FCA, é non deu feito, nin aprobado, polas deficiencias que tiña, polo que tivo que metelo nos fondos da Deputación da Coruña, a través do POS 2019, aínda non foron capaces de rematalo, afirmou González Trillo”.
Ademais engadiu que “fai máis de 6 meses, preguntamos no pleno polo remate desta obra é contestóusenos por parte da alcaldía que estaría nos vindeiros días, porque estaban pendente do enganche da Bomba a corriente, cousa que aínda non ocorreu”.
Este concelleiro, pregúntase tamén, porqué unha obra planificada no 2017 aínda non foron capaces de poñela en marcha.
Asimismo Javier González, demanda que de unha vez por todas, “sexan eficientes é traballen en beneficio de todos os veciños e veciñas, tanto como sempre se lles enche a boca para falar dos mesmos”, concluíu.